Facultade de Dereito

Curriculum Vitae Resumido


Roberto Bustillo, Profesor Titular de Universidade e Doutor en Dereito pola Universidade de Cantabria (1999). Desenrolou funcións docentes e investigadoras nas Universidades de Cantabria (1992-2003), A Rioxa (2003-2004) e Vigo (desde 2004 ata o día de hoxe).

Desempeñuou funcións na Facultade de Dereito da Universidade de Vigo como Vicedecano (2007-2008 e 2009-2010) e como Decano dende outubro de 2012 ata a actualidade.

Organizou y coordinou durante a súa primeira edición o Máster en Dereito Urbanístico e do Medio Ambente (DUMA) pola Universidade de Vigo, o primeiro Máster xurídico adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior da Universidade de Vigo e un dos primeiros do sistema Universitario de Galicia.

Ten realizado estancias de investigación postdoutoral na Université Paris I Panthéon-Sorbonne, na Università degli Studi di Firenzee na Universitäte Berlin.

Ten publicado máis de cincuenta artículos e monografías sobre temas xurídicos en editoriais e publicacións periódicas nacionais e extranxeiras, e ten participado como investigador principal ou investigador a tempo completo ou parcial en máis de dez proxectos e programas gañados en convocatorias competitivas de ámbito europeo (1), estatal (6) ou autonómico (4).

Dende unha perspectiva profesional, desenrolou funcións xudiciais en xulgados do contencioso-administrativo de Cantabria (setembro de 2001 - agosto 2003) e prestou asesoramento xurídico a Gobernos autonómicos de Galicia, Asturias, Cantabria, a Rexión de Murcia e a Comunidade Valenciana, ademáis de a diversos Entes locais, empresas consultoras e despachos de avogados en Galicia, Asturias, Cantabria e a Comunidade Valenciana.